Orbilmanía
Este é o blogue da Biblioteca Escolar do CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Todas as entradas do blogue
domingo, 21 de abril de 2024
martes, 9 de abril de 2024
Libro colaborativo entre todo o alumnado sobre mulleres .
O equipo de convivencia e o equipo de biblioteca do noso centro uníronse para construír a idea 💡 dun libro propio de centro onde tivesen cabida mulleres que fixeron e fan aportacións moi importantes á sociedade.
Por niveis, cada alumno e alumna do centro aportou o seu gran de area para agasallar á comunidade educativa con este marabilloso produto final. Buscando, planificando, organizando, escribido, presentando, dando cor... porque traballar en equipo sempre da resultados.Este libro quedará na biblioteca do centro a partir de mediados de maio, unha vez que todo o alumnado poida disfrutalo na súa aula.
Esperamos que disfrutedes tanto del coma nós facéndoo!
domingo, 7 de abril de 2024
Club de lectura de 6ºA
Este segundo club de lectura volvémolo a realizar en torno aos micrófonos da radio. O libro que leron neste trimestre foi “O curioso caso de Benjamin Button “ unha historia escrita por F. Scott Fitzgerald, adaptada ao público xuvenil en banda deseñada.Unha historia que lles gustou moito.A continuación podedes escoitar o programa.
Visita da escritora Andrea Maceiras
O 3 de abril visitou o noso centro Andrea Maceiras, con motivo da lectura do libro “Volverás, golfiño”, por parte do alumnado de 5º e 6º de E.P.
Andrea contounos como chegara ela a idea de escribir este libro, o proceso de documentación que fixo que esta idea collera máis sentido, explicounos a historia do naufraxio no que ela se inspirou...
A continuación fixemos unha viaxe “virtual” ao faro do cabo Vilán, un dos punto emblemáticos da 'A Costa da morte', que é onde se desenvolve a súa novela.
Despois o alumnado realizoulle unha morea de preguntas sobre o libro, xa que a historia espertou moito interese.
Para rematar asinou os libros.
Unha mañá moi interesante. Grazas Andrea por dedicarnos o teu tempo e ensinarnos a querer un pouco máis a literatura.
lunes, 1 de abril de 2024
Visita do escritor Ramón D. Veiga
O día 21 de marzo o alumnado de primeiro contou coa presencia do escritor Ramón D. Veiga, que estaba con motivo da lectura por parte do alumnado do seu libro "Miñoca e Ourizo"
Fixeron un pequeno taller de ilustración, onde aprenderon como facer caras alegres, caras tristes e pensativas.Tamén lles mostrou outros libros da mesma colección de Miñoca e Ourizo, a continuación fixéronlle preguntas e aproveitou para contar curiosidades sobre o libro e por último asinoulle os libros.
Poesías en 2ºA
viernes, 22 de marzo de 2024
Visita de Ramón D.Veiga..."Violeta ás agachadas"
Ramón contoulle moitas cousas, unha delas que este
libro estaba inspirado na súa filla pequena. Tamén leulles rimas que fixeron a delicia da
rapazada.
Despois
asinoulles o libro .
Agradecemos a editorial Xerais por
facilitarnos a presencia do escritor e por suposto a Ramón.
Semana da prensa en infantil
Na semana de prensa os nenos e nenas de infantil coñeceron as partes dun xornal e participaron no Xornal AS NOVAS DE ÓRBIL. Cada clase elaborou o seu propio anuncio.
Celebrando a semana da Prensa
O alumnado de educación infantil aportou ao xornal a publicidade.
Os/as dous xornalistas por aula cas novas máis
orixinais se lle deu un agasallo e os demais por participar un marca-páxinas
(elaborado polo equipo da biblioteca)
jueves, 21 de marzo de 2024
Beebot para aprender
En 6°B infantil sumamos coa axuda do Beebot. Tiramos os dados, contamos, sumamos, pensamos... aprendemos e nos divertimos!
martes, 19 de marzo de 2024
Material para o PDI
O tema do PDI deste curso esta sendo os catro elementos (auga, terra, fogo e aire).
A comisión da biblioteca sacou dos andeis todo aquel material relacionado con estes temas e mercou todo aquel que fose de interese, colocando todo nuns andeis á entrada da biblioteca. Todo este material emprégase para realizar traballos de investigación.
Mesa de luz para o tema do lume
O noso PDI Os catro elementos. Os nenos e
nenas de 6° B de infantil no proxecto "O Lume" utilizaron a mesa de luz para a
lectoescritura e a creatividade e tamén xogaron coas sombras, foi moi
divertido!
Martina e Keren contan... “ O polo Pepe”
Martina e Keren achegáronse a aula de 4º de EI, para contarlles o conto do “O POLO PEPE”, o cal encantoulles porque ademais tiña as páxinas pop-up.
Fixérono xenial e esperan volver a recibir máis visitas!! Moitas Grazas.