jueves, 6 de abril de 2017

Xerais Básicos ciencia


Vén de presentarse a colección de divulgación científica Xerais Básicos ciencia, da editorial Xerais. Entre os seus obxectivos está fortalecer o o galego como lingua de ciencia e o fomento da lectura da divulgación científica.
A colección está dirixida por Miguel Vázquez Freire e neste momento consta de tres obras: Terra de Xurxo Mariño, Historia do ADNde Daniel Soutullo e O universo matemático de Antom Labranha.
En palabras de Xurxo Mariño é preciso ter coñecementos científicos para poder ser cidadáns, para saber separar o que é ciencia do que non o é.

No hay comentarios:

Publicar un comentario