sábado, 15 de abril de 2017

Nimbus

Nimbus
Este conto da editorial Salvatella, está escrito por Noemí Fernández Selva e ilustrado por Eva Zurita. Cóntanos a historia de Nimbus, unha nube que pasa por distintos estados emocionais; amor, calma, rabia, tristeza, medo, sorpresa e alegría. Asi mesmo vainos narrando que é o que lle fai sentir esa emoción cada día e como logra superar aquilo que lle fai sentir mal. 
Ademais, o conto mostra unhas ilustracións moi chamativas para o público infantil. 
O libro remata cunha pequena guía sobre as emocións tratadas no libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario