O día 8 de marzo celebraremos o Día Internacional da Muller. Esta data conmemórase nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países.
Este 8 de marzo queremos que sexa unha homenaxe e unha reinvindicación para todas aquelas mulleres que demostran no seu día a día a necesidade de igualdade de dereitos e de oportunidades que disfrutan os homes e o mesmo recoñecemento na sociedade.
Para conmemorar dia tan importante visitarannos no centro dúas mulleres de Mos que nos contaran as súas interesantes vivenzas e mostrarannos as súas múltiples facetas.
Asi o día 8 de marzo teremos con nós a: MARIA LUZ CARRERA ABALDE.
O dia 14 de marzo teremos a: MARIA DE LOS ANGELES CALDAS ALMUSTER .
No hay comentarios:
Publicar un comentario