viernes, 25 de noviembre de 2016

Conmemorando o día da non violencia

Despois dunha semana de sensibilizar ao alumnado sobre a necesidade de eliminar a violencia e os estereotipos hacia as mulleres, chegou o venres 25 de novembro.  Hoxe  todos e todas as persoas  do centro reunimos no salón de actos, despois do recreo, para conmemorar este día.
í
Por un lado o alumnado de 6º A elaborou unha presentación,que hoxe  foron explicando: porque se elexiu esta data, a razón da cor do lazo lila e o motivo polo que este ano hai que píntalo de laranxa, as diferentes formas de violencia e remataron cunha mensaxe de esperanza. Un traballo fantástico que reflexaba unha reflexión moi importante sobre este tema.
 
Por outra banda o alumnado de 6ºB  explicáronnos que  os estereotipos son unha forma de violencia e a continuación representaron marabillosamente sobre este tema  o libro de “Rosa Caramelo”. O público aplaudiu a rabiar.


 
 
 Xa para rematar escoitamos e cantamos a canción de Ses  “Concordia de Papel” para animar.
Esperemos que estes pequenos actos fagan que as xeneracións futuras rexeiten o maltrato de xénero


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada