miércoles, 16 de marzo de 2016

Esmeraldina, a pequena defunta

esmeraldina, a pequena defunta-ledicia costas alvarez-9788499149998Despois do éxito do anterior libro de Escarlatina, Ledicia Costas, que estivo hai uns meses no noso centro,  acaba de publicar na editorial Xerais un novo  libro chamado "Esmeraldina, a pequena defunta", que de seguro fará as delicias dos lectores, como o anterior.
O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario