Orbilmanía
Este é o blogue da Biblioteca Escolar do CEIP Plurilingüe do "Pena de Francia" de Mos.
Todas as entradas do blogue
lunes, 18 de marzo de 2024
domingo, 17 de marzo de 2024
Paula e Antía contan..."!Que susto!"
Paula de 4º de EP foi á aula de seu irmán Nicolai, de 4º de EI , achegouse acompañado de seu compañeira de aula Antía.
Ambas fixeron unha pequena representación para motivar e despois contaron o conto titulado “¡QUÉ SUSTO!”, onde o protagonista era un caracol, polo que a cativada estivo moi atenta. Gustoulles moito!Club de adultas: "Últimos días en Berlín"
O martes 5 de marzo reunímonos para falar do libro "Últimos días en Berlín" de Paloma Sánchez Garnica , novela finalista do Premio Planeta 2021. Esta desenvólvese en varios planos temporais situados inicialmente en 1921, máis tarde durante o auxe de Hitler de 1933 a 1939, e posteriormente baixo o dominio soviético.
Unha historia que nos deu para debater moito sobre a guerra, miseria, heroísmo, traizón e violencia que se dan neste libro.
Falamos dos dous totalitarismos tanto do nazismo como a barbarie do estalinismo soviético, que levou ao exército vermello, entre outras barbaridades a violacións masivas de mulleres como represalia. Ambos réximes deron coas mesmas consecuencias: medo, morte, fame, tortura e violacións constante dos dereitos humanos...
Para darlle un toque doce a reunión degustamos unha rica bica e uns soborosos bombóns.
Falamos dos dous totalitarismos tanto do nazismo como a barbarie do estalinismo soviético, que levou ao exército vermello, entre outras barbaridades a violacións masivas de mulleres como represalia. Ambos réximes deron coas mesmas consecuencias: medo, morte, fame, tortura e violacións constante dos dereitos humanos...
Para darlle un toque doce a reunión degustamos unha rica bica e uns soborosos bombóns.
sábado, 16 de marzo de 2024
Xabi e Hebert contan... "¡Aquí no hay conejos!"
Xabi de segundo de primaria foi á clase de seu irmá Pablo, 5º de EI B, acompañado do seu amigo Hebert, xuntos contáronlle o conto "¡Aquí no hay conejos!"
Este libro está protagonizado por un coelliño moi atrevido que tenta salvarse a si mesmo e aos seus amigos dun lobo, enganándoo para que pense que en realidade non son coelliños, a pesar do feito de que o son claramente e de que cada vez son máis e máis.
Como lles gustou ao alumnado e que atentos estiveron!!
miércoles, 13 de marzo de 2024
Naamán e Dani contan... "Violeta ás agachadas"
O venres 1 de marzo Dani de 5º de EP foi á aula de seu irmán Izan de 5º de EI A, achegouse acompañado de seu compañeiro de aula Naamán, para contarlles o libro de "Violeta ás agachadas" de Ramón D. Veiga, da editorial Xerais.
Unha historia moi divertida cunhas preciosas
ilustracións de Abi Castillo que fixeron a ledicia do alumnado.
"A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas alacenas da cociña... E cando xa non lle queda ningún escondedoiro por descubrir, procura outros refuxios..."
Aprendendo vocabulario cos escornabots
Na aula de 1° estiveron traballando vocabulario relacionado cas froitas en lingua galega, e que mellor que aprender xogando, realizárono a través dos escornabots.
Os escornabots son uns pequenos robots que axudan ao noso alumnado a iniciarse na robótica e programación.
Así tiñan que desprazar ao robot polo taboleiro, dándolles ordenes( arriba, abaixo, dereita, esquerda) ata determinada froita e ao chegar dicir o nome e características dela; ou un compañeiro/a dicía un nome e outro o levaba ata a froita.
martes, 12 de marzo de 2024
Contando chistes en 4º
viernes, 8 de marzo de 2024
Neste 8 de marzo a importancia das mulleres na historia
No noso centro seguimos a conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller; consideramos unha das datas claves para avanzar na educación cara a igualdade, na formación de persoas para lograr unha sociedade máis equilibrada e xusta.
Nesta semana do 8 de marzo en cada aula traballáronse diferentes aspectos para coñecer a presenza da muller en diferentes ámbitos e en diferentes momentos da historia, co fin de dar a coñecer a importancia do traballo realizado por estas.
martes, 5 de marzo de 2024
Paula e Antía contan..."Superheroes da escola"
Paula e Antía de cuarto foron á aula de 5ºA de EI a contar "Superheroes da escola".
Yago e Gael contan.... "O tesouro do Pirata Frank"
Este é un libro da editorial Patas de Peixe, cheo de cores e de aventuras. O protagonista cruza o mar, chega á illa, escala as montañas, nada no pantano, sube as escadas e chega a unha palmeira, todo para atopar o famoso tesouro de Pirata Frank.
O alumnado estivo moi atento, xa que neste conto acumulativo de ida e volta a rima e as accións mestúranse. Que divertido e que ben o fixeron!!
sábado, 2 de marzo de 2024
Recitando a Rosalía alumnado de 2ºB
O alumnado de 2º B estudou e aprendeu con moito interese poemas de Rosalía e, como non, tamén quixeron ir gravar na radio. Que concentrados e felices estiveron! Unha marabilla!!
Historia de Chispa
O alumnado de 5º B de Educación Infantil tamén foron gravar a historia de Chispa, que realizaron a raíz de traballar o tema do lume.
jueves, 29 de febrero de 2024
Martín e Martina contaron... “O polo Pepe”
Martín e Martina, de 1º A, foron á aula de 5º A de EI a contar o conto “O polo Pepe”. Encantoulles e o alumnado pediulle que volvesen con outros libros.
Keren e Emma contan... “Un árbol”
Na aula aproveitaron para falar de todo o que pode xerar o pequeno xesto de plantar unha árbore.
miércoles, 28 de febrero de 2024
Martina e Mía contan ... Guay
Mía de 1º A foi contar un conto á aula de 5º B de EI, onde está seu curmán Iyel. Ela veu acompañada da súa compañeira de aula, Martina. Ambas contaron o conto titulado "Guay" de Jiménez Cañizares.
Unha divertida historia cun final sorprendente. O seus áxiles e graciosos diálogos facilitaron a atención e a curiosidade.
Que bo momento pasaron e que risas se botaron! Ata houbo apertas de agradecemento!
Obradoiro biblioteca creativa: Lettering
O xoves 22 de febreiro tivemos o obradoiro de lettering impartido por Studio 57 de Porriño.
Este obradoiro é o produto do orzamento obtido por estar a nosa biblioteca no proxecto de Biblioteca Creativa .Obradoiro Lettering foi dirixido ao alumnado de 5º de EP, 6ºA e 6ºB durante varias sesión ao longo de toda a mañá.
Así quedou o horario:
9:00- 10:30 6°B
10:30- 12:00 5°
12:30- 14:00 6° A
O lettering é o arte de debuxar letras para crear palabras ou frases. Aprendimos sobre esta técnica moito con Gabi de Studio57, destacamos:
"Cando realizamos esta técnica temos que cambiar o chip: en lugar de escribir letras as imos debuxar"
"Usamos rotuladores pincel de acuarela, empregando o contraste fino-groso"
"Regra de Ouro do lettering: Subo con líneas finas e baixo con grosas"
Ao alumnado aprendeu, desfrutou e mostrou moito interese nesta actividade.
martes, 27 de febrero de 2024
A historia de Chispa
Na aula de Infantil de 5º A están investigando sobre o lume. Un día decidiron crear unha historia sobre unha Chispa. A continuación decidiron que lles gustaría gravala na radio.
A hora de gravarse houbo moita ilusión e según eles moita emoción. Este é o resultado.